Ver Mensaje Individual
Antiguo 31-ago-2008, 20:41   #17
Compostelán
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: diciembre-2004
Mensajes: 4,049
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Home Sauliño, non me jodas, é que Tracy Chapman... é como falar de Leonard Cohen, de Janis Joplin ou de Aretha Franklin, dos magos do Chelsea Hotel. Eso son palabras maiores. Eu son da teoría de que algúns artistas gustan a todo o que esté disposto a prestar atención sincera a súa obra, e esta xente, que foi quen de revolucionar o pop e o rock dende o jazz, do soul e da tradición folk americana (os primeiros iniciando a revolución, os segundos recollendo o testigo e dándolle continuidade cando parecía estar a piques de morrer), como non vai ser quen de... bueno, mira, da igual, nin íamos a chegar a un acordo o respecto, nin creo que sexa quen de explicarme para que entendas o que quero dicir.
Polo demáis, diría que non quero discutir, pero o certo é que (por aquí algún sabeo ben) se algo me gusta a min é discutir do que sexa (e si é de música, ou de cine, que son as pasións que teño, millor. Casi todo o que sei desto é por explorar, e case todas as miñas ampliacións do campo de batalla comezan cunha discusión, ou pequeno debate), así que non o tomes a mal, meu home, é que o levo na sangue.
O que sí quería dicir, e con esto remato o tema, é que cando escoitas moito unha canción, poden pasar 3 cousas: podes aburrirte dela rápido, pode rematar gustándoche máis ou pode non suceder nada en absoluto. Pois ben, para mín, SPNB non é unha desas cancións de longo recorrido (no meu caso, no teu esta claro que sí o foi. Bueno, a música é bastante persoal, iso sí o teño que recoñecer). Do mesmo xeito que no meu caso Tracy e "Talkin about revolution" sí que o foron, dende logo, pero tamén cancións menos brillantes, coma "All the way to Reno", que non se encontra entre o millor, musicalmente falando, de REM. O que vou eu é que, tódas esas cancións, sí parten da base dunha certa atracción inicial, e coas escoitas poden pasar a convertirse en cancións de referencia, sí. Pero nunca me pasou que unha canción que de entrada me causase rechazo, rematase por gustarme realmente. E por iso podo dicir, dende xa, que SPNB nunca me chegará a parecer unha das millores cancións deste disco.
Ale, dito o que tiña que dicir, xa paro, descoidade.

Poñame un café con leite, camarero, que non teño o corpo para outra cousa.
__________________
Compostelán esta offline   Responder Con Cita