Foro Doblepenalti.com  


Retroceder   Foro Doblepenalti.com > Equipos de futbol sala > Santiago Fútsal

 
 
Herramientas Desplegado
Prev Mensaje Previo   Próximo Mensaje Next
Antiguo 30-ago-2008, 15:08   #11
Compostelán
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: diciembre-2004
Mensajes: 4,049
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Cita:
Empezado por Sauliño9 Ver Mensaje
Primeiro eu entendo que non teñas moza(non sei eh jaja) pero cando a tes,te das de conta de que non solo che gustan as cancion con "visceras",senon que o cansino que son as mulleresn cas cancions de amor,fai que o final acaben gustandoche.Un exemplo practico: Os 40Principais,cantas veces non che gustaba unha cancion e de escoitala mil veces na radio acabouche gustando,pois pa mi é o mesmo..jajaja
Discrepo bastante (dios, que ganas tiñas dun debate-tertulia musical!!!!). Pouco ten que ver unha cousa con outra. Sempre preferín a Nacho Vegas que a Ismael Serrano, e a Leonard Cohen que a Sinatra (aínda recoñecendo a xenialidade da voz). Pode que inflúa que a miña moza sempre prefiriu tamén a Nacho e a Cohen dende que eu llos din a coñecer (personalmente dubidoo, levo tanto tempo escoitando música que pouca xente hai que poida realmente facer que me guste algo que non me gusta, ou o reves), ou simplemente que as cancións sexan netamente superiores (a música nace de onde nace, meu), aínda que máis difíciles de escoitar o principio (ea, toma sobrada. Por suposto xD).
Do mesmo modo que hai quen se sinte, por exemplo, moi cómodo no Casino e demáis "locais con clase" (sin que esto teña nada que ver co antes dito, son exemplos independientes). Ou en grandes discotecas as que non podes entrar en tenis. Eu síntome fora de lugar, sempre fun máis de pequenas tascas, zuliños onde non entra aire nin luz. Eu sonche máis do Tarasca, do Avante, das Crechas, e cando baixo a zona nova case sempre é para ir o Gasteiz ou a Cova da Vella (só entresemana, e por tanto dende que traballo xa pouco, que esoa partires do venres está cheo de chavalería prepuber). Iso sí, se fai falta, vou a eles con traxe. Ou do mesmo modo que me interese máis ler a Bukowski, Hemminway ou Houllebequ que a Simenon, Muñoz-Molina ou Paul Auster, sin que iso signifique que envidie a vida dos seus personaxes, evidentemente.
Bueno, agora xa totalmente en serio, e volvendo o debate: SPNB é unha canción que non me dí nada, e musicalmente deixame frío. E non se trata do tema. Hai maneiras de facer cancións de amor (oes, sepa vostede que teño a LBV coma un dos grupos de cabecera, xa me contará. E xa o tiña antes de ter moza, engado) con menos, por dicir así, simpleza. E podería poñer grandes exemplos (por exemplo, recomendote escoitar "Corrientes circulares en el tiempo" ou "De viaje" de Los Planetas, "There is a light" de The Smiths ou "Pictures of you" de The Cure. E xa non digamos o grande entre os grandes: "I´m your man", de Leonard Cohen. Lovesongs de categoría, que non deixan de ser melosas ata onde teñen que selo) pero é que o propio Iván deixao patente con Mrs (ou a excelente versión, insisto, do Abrázame de Julio Iglesias).
Resumindo, que evidentemente, para gustos cores, e para cores flores... pero na miña opinión, coido que poñer a SPNB coma un dos momentos culminantes do "Canciones para el tiempo y la distancia" é facerlle un flaco favor o disco.
Sobre Turnedo, estou dacordo, pareceme a millor do disco con diferencia.
Sobre "Ciudadano A", non había pensado así. Pode ser, aínda que me gustaría máis que fose unha pequena pulla a un do mundillo indie, coma os casos que cito antes. Gustame moito o fuego cruzado protagonizado así, en plan salsa rosa, sí, pero gustame :P.
Eu tiña aquela teoría por un par de frases:
- "que mi enojo el día que yo ví lo miserable que podías ser" (eso pareceume que era algo máis personal, hacia unha persona que coñecía).
En xeral, toda a primeira parte da canción dame esa sensación, pero é certo que a segunda encaixa máis ben coa túa frase. A verdade, nin o había pensado, pero sí, encaixa.
A outra frase que me incitou a pensar no primeiro foi a derradeira, "todo lo que nunca tendré", que parece quer dicir que alguén alcanzou algo que él non aspira.

PD: Camareiro, unha ronda para todos do máis barato que teñas, invito eu, que estes pequenos debates hai que acompañalas de alcohol e tabaco. :P
__________________

Última edición por Compostelán fecha: 30-ago-2008 a las 18:34
Compostelán esta offline   Responder Con Cita
 

Herramientas
Desplegado

Normas de Publicación
You may not post new threads
You may not post replies
You may not post attachments
You may not edit your posts

BB code is habilitado
Las caritas están habilitado
Código [IMG] está habilitado
Código HTML está deshabilitado

Saltar a Foro


La franja horaria es GMT +2. La hora actual es: 12:50.


Powered by: vBulletin® Versión 3.8.4
Derechos de Autor ©2000 - 2018, Jelsoft Enterprises Ltd.
Traducción vB3.6 por favits.