Foro Doblepenalti.com  


Retroceder   Foro Doblepenalti.com > Equipos de futbol sala > Santiago Fútsal

Respuesta
 
Herramientas Desplegado
Antiguo 26-ago-2008, 13:32   #1
Sauliño9
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: noviembre-2006
Mensajes: 1,511
Predeterminado "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Pues para darle vidilla a nuestro post,abrimos a Taberna para falar de todo.Que saliste e ves cheo e queres dicir algo,pois veña..que che gusta a veciña do barrio,confesate..que en Anjrois hay un sitio que se come de puta madre,comentao..que non tes con que salir hoxe,fala ca xente do Lobelle..que mañan chove,avisanos..que pegaste pao no traballo,dio..etc etc jajaja
Que vos parece,estamos dacordo??

E terei que empezar eu..teño ganas de coller unha chea monumental pero non me deixan,que sepades que estou muy mosqueado,que eu non son de nadie,bueno si,solo dos meus pais!!!!!jajaja

Ide poñendo unhas birrillas rapaces..
__________________
Sauliño9 esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 26-ago-2008, 13:44   #2
Compostelán
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: diciembre-2004
Mensajes: 4,049
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Unha idea cojonuda, si señor.
Por certo, e xa que falamos de todo un pouco, xa me fixen seguindo a túa recomendación co "Canciones para el tiempo y la distancia" e sí, hay que recoñecelo, tras un par de escoitas o disco faise máis que interesante, así que comezo a seguir máis de cerca a carreira de Iván Ferreiro, que por certo vino o outro día en Xixón (estaba de cutrevacacións -1 semaniña!- por Asturias e cadrou un festival) e estivo espectacular, millor que no día da música.
Sen máis, a póñame cando poda, camareiro, unha de licor-café, en vaso pequeno pero non de chupito. Que acabo de espertar e teño que espabilar, unha birra agora non me entra...
__________________
Compostelán esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 26-ago-2008, 18:24   #3
irmandiño
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: noviembre-2006
Ubicación: Santiago de Compostela
Mensajes: 1,926
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Jejeje, isto sóname doutro foro pero...nunca sobra onde tomar unha estrella, ¿poñedes tapas, non?
Joder Compos, mira que ter que ir a Xixón pra ver a Ivan Ferreiro...Eu xa o teño demasiado visto xa que sempre se pasa por onde eu veraneo, seguro que vos sona o sitio: o Náutico de San Vicente do Mar. Que por certo, paso a miña última semana de vacacións rodeado de nubes e agora que veño pra Santiago a estudar sae este puto sol, hai que joderse con este tempo de merda.

A min poñédeme unha estrella en copa fría que vai calor, e un bocadillo de calamares que é hora de merendar.
__________________
irmandiño esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 26-ago-2008, 18:40   #4
Compostelán
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: diciembre-2004
Mensajes: 4,049
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Non home, a Iván Ferreiro xa o tiña visto de antes (no Multiusos do Sar non fai moito), non fun a Xixón aposta para velo, que dende que está en solitario sí que toca en Galiza (con Piratas non había xeito de velo por aquí). En Xixón estaba de vacacións, cuns amigos, e cuadrou que había un festival con, entroutros, Ivanciño, Los Planetas e Najwajean, e xa que estamos aquí, dixen... e a verdade sí que foi a primeira vez que o escoito en directo dende que lle coñezo algo máis a fondo a súa discografía en solitario...
__________________
Compostelán esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 26-ago-2008, 19:21   #5
irmandiño
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: noviembre-2006
Ubicación: Santiago de Compostela
Mensajes: 1,926
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Xa home xa, habría que ser moi fanático pra iso. Eu tamén irei a Asturias cando remata a miña cita ca USC en setembro, toca repetir o descenso do Sella, de verdade fun por primeira vez o ano pasado e é algo que recomendo. Ademais é unha excusa pra beber sidra, e que se chegas ás cantinas que hai polo río e te atopas cun cartel que pon: CocaCola 2€, Acuarios 2€,...., Botella de Sidra 2,5€ ¡¡A duda ofende!!
__________________
irmandiño esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 27-ago-2008, 02:29   #6
Sauliño9
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: noviembre-2006
Mensajes: 1,511
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Acabo de vir de dar un paseo ca moza,vaia bochorno hoxe non,que calor!!!
Malegro COMPOSTELAN de que che guste,a ver si consigues ser "Repelente" jajaja.Non e pq sexa galego pero para min é unha artistazo,un cantautor increible,vive para y pola musica,nada mas hay que preguntar a xente,como Calamaro,Bunbury,Kike Gonzalez,Antonio Vega etc para que te digan que es un genio y para mi lo demuestra cada dia ya no con sus discos,sino con las aportaciones que hace con el resto del panorama musical español.

Recomendariache dese disco duas cancions,"El Viaje de Chihiro" y sobre todo "Turnedo",dos grandes canciones,aunque COMPOS miña moza,che recomendaria sen dubida "S.P.N.B",le encanta,no me tiene a mi rayao con ella jajaja

Falando de Asturias e da Sidra,fixen cos meus amigos a ruta,Foz-Irun todo pola costa,e che digo a verdad collin tremenda chea de sidra, que nos Lagos de Covadonga,despois baixando,non sabia si estaba subindo,llaneando ou baixando jajaja

P.D:Irmandiño!!como non vou coñecer o Nautico,impresionante local,ali vin cantar a Kike Gonzalez cun morao de Santiago a Pekin,vaia noite aquela..Ivan creo que é intimo do dono,no que por certo,xa lle vale as camareras que ficha,dios mio!!!!

P.D:Olvidouseme COMPOS,o disco de "Canciones para el tiempo y la distancia",grabouno Ivan na miña terra,en Fisterra,nun estudio que teñen Fia na Roca,non sei se os coñeces,son moi bos amigos e propuseronllo e Ivan decidiuno grabar ali jeje
__________________

Última edición por Sauliño9 fecha: 27-ago-2008 a las 02:33
Sauliño9 esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 27-ago-2008, 11:12   #7
DJALMA8
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: enero-2005
Mensajes: 3,003
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Xa hai que ser sinvergoña para facer unha ruta Foz-Irún, e non comezala en Burela, que está ó seu carón. Vale que en verán non hai marcha, pero para tomarse uns pelotazos de tarde vale ben...

Nesta taberna non hai máis que sinvergoñas.

De momento póñanme un leite quentiño con un par de donuts, que non é momento de alcol.
__________________
DJALMA8 esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 27-ago-2008, 13:13   #8
Compostelán
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: diciembre-2004
Mensajes: 4,049
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Cita:
Recomendariache dese disco duas cancions,"El Viaje de Chihiro" y sobre todo "Turnedo",dos grandes canciones,aunque COMPOS miña moza,che recomendaria sen dubida "S.P.N.B",le encanta,no me tiene a mi rayao con ella jajaja
Pois para mín El viaje de Chihiro é unha canción que entra moi ben pero non é das de máis longo recorrido. Quer dicir, cando escoitas por primeira vez o disco é a que millor entra, claramente, pero tras unhas cantas escoitas hai un par que pasaron a gustarme máis. Falo sobretodo de "Turnedo" (se tivese algo máis de droga e algo menos de "luz", por así dicilo, esa letra podía ser escrita polo propio Nacho Vegas, e iso, aviso, é dos maiores halagos que poden saír da miña boca) e de "Ciudadano A". Bueno, e teño que recoñocelo, dende que escoitei o disco por primeira vez, encantoume tamén a versión de Julio Iglesias... xD
Sobre SPNB, a min esa deixoume algo frío, pero bueno, sempre me gustaron máis as canciones escritas desde as vísceras que as escritas dende o corazón, por así decilo.
Por certo, a de Ciudadano A ten toda a pinta de ir dedicada a unha persoa concreta, e unha persoa do mundillo. Aínda que sexa estramusical e teña algo de Salsa Rosa, molaba saber a quén, igual que cada novo disco mola comprobar que canción se encarga desta vez de reaviva-lo fogo cruzado que manteñen hai moito Nacho Vegas e a cantante de Nosoträsh, ou Sidonie e Deluxe, por exemplo, que en tódolos discos se deixan algunha pequena dedicatoria... xD

Cita:
Nesta taberna non hai máis que sinvergoñas.
Aínda non coñecín unha taberna na que realmente valga a pena quedarse que non cumpla con esa descripción... así que imos polo bo camiño
__________________

Última edición por Compostelán fecha: 27-ago-2008 a las 15:17
Compostelán esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 27-ago-2008, 16:27   #9
Compostelán
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: diciembre-2004
Mensajes: 4,049
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Por certo, aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid, parece que esta tempada a Capitol vai a volver a recuperalo seu sitio coma unha das salas de referencia de Galiza (a do ano pasado pareceume floxiña floxiña). Alomenos polas primeiras confirmacións. Dende The Jayhaws, Cake e aquela época na que viñeran varios, facía moito tempo que non viamos a un grupo internacional importante na Sala... pero o 23 de Outubro veñen a Santiago ¡dEUS!. Estaban algo desaparecidos ultimamente, pero cando eu empezaba a interesarme por esto da música, eran un grupo de referencia, e o Worst Case Scenario é un disco do que gardo grandes recordos. A ver agora canto nos roban polas entradas... (e o 7 de Novembro, o artista máis trallao que hai en España logo de Albert Plá -aínda que dun xeito diferente-, o gran Sr. Chinarro).
__________________
Compostelán esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 30-ago-2008, 12:21   #10
Sauliño9
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: noviembre-2006
Mensajes: 1,511
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Cita:
Empezado por Compostelán Ver Mensaje
Sobre SPNB, a min esa deixoume algo frío, pero bueno, sempre me gustaron máis as canciones escritas desde as vísceras que as escritas dende o corazón, por así decilo.
Por certo, a de Ciudadano A ten toda a pinta de ir dedicada a unha persoa concreta, e unha persoa do mundillo. Aínda que sexa estramusical e teña algo de Salsa Rosa, molaba saber a quén..
Primeiro eu entendo que non teñas moza(non sei eh jaja) pero cando a tes,te das de conta de que non solo che gustan as cancion con "visceras",senon que o cansino que son as mulleresn cas cancions de amor,fai que o final acaben gustandoche.Un exemplo practico: Os 40Principais,cantas veces non che gustaba unha cancion e de escoitala mil veces na radio acabouche gustando,pois pa mi é o mesmo..jajaja

Segundo,sobre Ciudadano A,podria ir dedicada amigo COMPOS a algun dos que estivo nas Azores,que coñecemos ti mais eu moi ben¿..? Por outra parte,a mellor cancion do disco é Turnedo,ao mellor faltalle algo mais,mais de letra ou de sentimentos pero en xeral ea que acabas oindo e acabache gustando..

Burelao!!!as rontondas e vos,e vos eas rotondas jaja Empezei en Foz,pq un par deles que veu conmigo a facela ruta son dese marivolloso pobo jaja e cuestion de gustos pero burela,a teño moi mamada,non fun comer ali ao "Principe azul" vaia manxar amigo jaja

Ehh!!ide poñendo un vermut que estamos na hora..jaja
__________________
Sauliño9 esta offline   Responder Con Cita
Respuesta

Herramientas
Desplegado

Normas de Publicación
You may not post new threads
You may not post replies
You may not post attachments
You may not edit your posts

BB code is habilitado
Las caritas están habilitado
Código [IMG] está habilitado
Código HTML está deshabilitado

Saltar a Foro


La franja horaria es GMT +2. La hora actual es: 10:29.


Powered by: vBulletin® Versión 3.8.4
Derechos de Autor ©2000 - 2018, Jelsoft Enterprises Ltd.
Traducción vB3.6 por favits.